9 de maio de 2018

Comenzamos os provinciais de fútbol sala coas 3 categorías clasificadas: Neli en benxamín, M. Huertas en alevín e M. Barcia en Infantil!!! Noraboa a tod@s!!! Seguimos!!!

Aínda que non é habitual o bo traballo segue dando os seus froitos, e as Escolas clasificaron ós 3 equipos das 3 categorías para os campionatos provinciais.
Hoxe debutan xa os benxamíns e os infantís. O Panadería Neli ás 18,00 diante de Meira e o Mad. Barcia infantil con Outeiro de Rei ás 19,00. Ambos no Viñas da Veiga.
Ademáis o alevín M. Huertas adianta o seu encontro para o vindeiro venres ás 19,00 horas en Guitiriz.
Moita sorte a todos e a disfrutar!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe