9 de xuño de 2017

Ainara Rodríguez, Mínima Nacional en 600 lisos para o Campionato de España (1,39,60) agora mesmo en Bastiagueiro (A Coruña)

"El que la sigue la consigue". Ese é o lema a aplicar en Ainara Rguez. Ares.
Estaba preparada e algún día tiña que caer, e tiña que ser un venres 9 de xuño e nun día de intenso calor nas pistas de Bastiagueiro.
Salía Ainara Rguez. coa axuda para tirar de Carmen Victoria do Franciscanos no primeiro 300. E a xogada saíu redonda. Marca mínima da bala do Maderas Barcia Lourenzá Ainara Rguez. con 1,39,60 ( a mínima esixida era 1,41,00) e marca mínima tamén de Silvia López(Franciscanos) con 1,40,88.
Agora esperanos o primeiro fin de semana de xullo o Nacional en Murcia, onde Ainara ten marca agora mesmo en 1000 e tamén en 600.
Noraboa!! Seguimos!!!



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe