6 de mar. de 2017

Aleix Díaz, Ana Vallines e Ainara Rguez.; inmensos nos controles cadetes o sábado e domingo en Oviedo!!!

Desprazabanse as 3 balas cadetes a Oviedo este pasado sábado e domingo para mellorar os seus rexisstros coincidindo co cto. asturiano de pista cuberta.
Aleix Díaz  competiu nas distancias de 300 m e 1.000 m lisos. Na proba de 300 m lisos, Aleix foi o 1º da sua serie e o 3º da xeral, cun tempo de 40.88 seg.
Unha hora máis tarde participaba na disciplina de 1.000 m. lisos, entrando en meta na 6ª posición cun tempo de 3 min 5 seg 94 cts.
Na xornada matinal de domingo tocaba o turno dos 60 m e 600 m lisos, onde Aleix obtiña unhas grandes marcas. En 60 m.l. Aleix era 5º da sua serie e 11º da xeral cunha marca de 8.29 seg., moi cerca da sua mellor marca. E pouco tempo máis tarde en 600 m.l. entraba en meta na 5ª posición cun tempo de 1 min 32 seg 49 cts., rebaixando en 4 seg a sua mellor marca conseguida nesta mesma pista fai un par de meses.
Ana Vallines que participou para coller ritmo de competición e que segue recuperándose positivamente da súa lesión participaba o sábado nos 300, 1000 e salto de altura.
Nos 300 lisos entraba cun rexistro de 47,81, sendo 3ª de serie.
Pouco despois corría tamén os 1000 lisos con un tempo de 3,27,91; sendo 10ª da xeral asturiana.
E por último competía tamén en salto de altura, mellorando a súa marca deste ano de pista cuberta e deixando o listón en 1,40 co que remataba en 4ª posición da xeral.
E xa o domingo acudía a terras asturianas Ainara Rguez. para participar nos 600 lisos, aínda que xa tiña marca acreditada para o Cto. de España en 1000 lisos do control anterior en Xixón.
Ainara a pesar de non ter unha boa saída paraba o crono en 1,44,15 a un segundo e 15 décimas de facer a marca para o campionato nacional e sendo a 3ª mellor atleta da proba aínda que fóra de concurso para os premios por ser cto. autonómico de Asturias.
Así pois Ainara representaranos definitivamente o vindeiro sábado 18 de marzo ás 17:30 horas nas Semifinais de 1000 lisos en Antequera (Málaga).

Aleix Díaz este pasado sábado en Oviedo

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe